Viernes, 01 de Noviembre de 2024
Os concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e de Castrelo de Miño veñen de solicitar ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria a concesión dun Obradoiro de Emprego para a mocidade (mozos e mozas entre 18 e 29 anos que figuren inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil).
O proxecto denominado ´Resinas do Avia-Miño´, no caso de ser concedido, ofrecerá formación a 16 alumnos, no módulo de aproveitamentos forestais, ao longo dos seis meses de duración que terá o obradoiro. Contará cun orzamento subvencionado de 154.262,39 € e está previsto que comece antes do remate do mes de setembro.
A principal actuación que se levará a cabo será a resinación de varios montes en man común nos diferentes concellos que forman parte do proxecto. Un dos principais obxectivos no que se centrará o obradoiro será en ofrecer unha saída laboral aos alumnos nun eido que aínda está sen explotar na comarca do Ribeiro. Ademais dos traballos que se van a levar a cabo nos piñeiros mediante a súa explotación da resina, ese mesmo espazo do monte podería ser empregado para a plantación e cultivo de outros moitos produtos como son os cogomelos, framboesas, fresas, etc., nos que o noso territorio é moi favorecedor polas súas características de humidade, clima e composición para que este tipo de cultivos poda converterse nunha vía de negocio. A idea final é que deste obradoiro saian varios emprendedores ou empresas que se dediquen a esta actividade.
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com