Noticias de Castrelo
- Jueves, Sábado, 30 de Noviembre de 2024
O día 31 de decembro ás 16:30 con saída do Parque Náutico.
Arredor de 500 corredores participarán o día 31 de decembro a partires das 16:30 horas na San Silvestre de Castrelo de Miño, con saída no Parque Náutico de Castrelo de Miño.
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba no lugar establecido para o mesmo dende as 15:00- 15:50.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba. A parte da chocolatada habitual.
Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas na piscina municipal de Castrelo de Miño.