Noticias de Castrelo
- Miércoles, Viernes, 29 de Noviembre de 2024
A secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia (Marta Míguez) acompañada do vicepresidente da Deputación de Ourense (Rosendo Luis Fernández) visitaron as obras realizadas no Parque Náutico.
Foron recibidos polo alcalde de Castrelo de Miño (Xurxo Rodríguez) e polos concelleiros de Deporte (Maribel Rodríguez) e Servizos (Rafael Carrizo)
Supervisaron o estado das infraestruturas reformadas a tenor do convenio asinado o pasado mes de setembro de 2017 entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense para a realización de obras nas distintas instalacións deportivas da provincia.
No caso do concello de Castrelo de Miño, a responsable do Deporte Galego e o vicepresidente da Deputación visitaron as obras realizadas nos embarcadoiros boiantes da pista olímpica de remo. Deste xeito, estas actuacións consistiron na mellora e anclaxe dos pantaláns e na instalación de tres novas ramplas de acceso.
Estas instalacións contaron cun orzamento de 22.000 euros que foron subvencionados pola Xunta (50%) e a Deputación (50%)
O alcalde de Castrelo de Miño manifestou a súa satisfacción pola realización desta primeira fase da mellora das instalacións da pista olímpica de remo, e informounos da situación actual do proceso de licitación das obras da segunda fase que nestes intres está realizado o concello de Castrelo de Miño e que conta un orzamento de 100.000 euros aportados pola Deputación de Ourense.