Ir arriba

Jueves, 21 de Noviembre de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

SERVICIOS / Protección Civil

Protección Civil

  • Avenida do Concello, 2A 32430, As Cortiñas - Santa María, Castrelo de Miño

Información

Protección Civil é un servizo público que protexe á cidadanía e aos bens ante distintos tipos de emerxencias e catástrofes. As súas funcións divídense entre a prevención e a intervención, coa divulgación de plans de protección, a realización de campañas informativas dirixidas a diversos colectivos, o apoio aos servizos de emerxencias rutineiros ou mediante a actuación en dispositivos de carácter preventivo, entre outros.

Este servizo está prestado por voluntarios que, dun modo altruísta, entregan o seu tempo á poboación. Toda persoa que estea interesada en ser voluntario ou voluntaria deberá ter máis de 18 anos, ou 16 co permiso dos pais, e realizar o Curso Básico de Protección Civil que lle permitirá coñecer as funcións básicas de actuación en primeiros auxilios, accidentes, emerxencias no ámbito familiar ou na organización de eventos con concentración de persoas.

Para solicitar o ingreso na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño é necesaria unha fotocopia do DNI, dúas fotos tamaño carné e cumprimentar a solicitude nas dependencias municipais.

Localización

Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com