SERVICIOS / Servicios Sociales
- Avenida do Concello, 18 32430, Barral, Castrelo de Miño
- Teléfono: 988 493 000
- Fax: 988 493 100
- E-mail: benestar@castrelo.org
- Horario: De luns a venres de 8:00 a 15:00
Información
A Unidade de Traballo Social conta cunha traballadora social e é a encargada de realizar as xestións para prestar o seguintes servizos:
Servizo de Orientación, Información, Avaliación e Derivación dos recursos comunitarios máis axeitados a cada consulta.
Inclusión Social. Renda de Integración Social, Axudas de emerxencia social, Banco de alimentos, Orientación laboral.
Familia e infancia. Xestión do carné de familia numerosa, de axudas da Seguridade Social por fillo a cargo, por nacemento, para fillos e fillas menores de tres anos e de solicitude de prazas en garderías.
Prestacións de apoio á dependencia. Solicitude de Valoración do Grao de Dependencia, das libranza para coidados de dependencia, Teleasistencia domiciliaria, Servizo de Axuda no Fogar, Centro de día, Vivenda comunitaria.
Xestión de trámites de inmigración.
Intervención nos casos detectados de Violencia Machista.
Saúde. Solicitude do Programa Galego de Protección Social de Saúde Pública, do Grao de Minusvalía, da tarxeta de aparcamento.
Normativa
- Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
- Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia
- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia
- Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
- Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.
- Ordenanza da prestación do Servizo de Axuda no Fogar
- Regulamento réxime interior, organización e funcionamento da Vivenda Comunitaria.
Localización