Castrelo de Miño é un municipio galego da provincia de Ourense, situado no noroeste do Estado e no corazón do Ribeiro. Para chegar ao noso municipio podes optar polo coche, o autobús, o tren ou mesmo desprazarte dentro del co noso servizo de transporte.
Coche
A arteria principal de Castrelo é a estrada OU-402, que une Ourense con Cortegada, e atravesa A Ponte, Santa María, Barral, San Estevo, Prado, Astariz e Troncoso.
Autovía A-52, Vigo-Benavente, que comunica con Ourense ou Madrid. Tomar a saída 252 dirección OU-402 cara Castrelo de Miño.
Autobús
Anpian é a empresa que presta o servizo de transporte que conecta Castrelo de Miño con Ribadavia, Ourense ou Cortegada. Ten paradas en Astariz, Prado e Barral.
Para máis información de horarios e venda de billetes, visitar o sitio web de Anpian:
www.anpian.com
Tren
As estacións mais próximas son a de Ribadavia, a 6 km, e a de Ourense, a 29,6 km.
Para máis información, visitar o sitio web de Renfe:
http://www.renfe.com
Avión
Aeroporto de Vigo-Peinador, a 75 km.
Aeroporto de Santiago de Compostela-Lavacolla, a 114 km.
Aeroporto de A Coruña-Alvedro, 168 km.
Para máis información, visitar o sitio web de Aena:
http://www.aena.es