Novas de Castrelo
- Venres, Sábado, 30 de Novembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas para apoiar os investimentos en explotacións agrarias (plans de mellora), para incorporación de mozos ó agro e para desenvolvemento de pequenas explotacións. O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de abril.
- Incorporación de mozos (MR404A)
As axudas para a creación de empresas para os agricultores mozos están destinadas a aquelas persoas de entre 18 e 41 anos que desexen crear ou incorporarse a unha actividade agraria e acaden a capacitación profesional suficiente. O mozo deberá ter iniciadas as actuacións contempladas no Plan Empresarial nos 9 meses seguintes á notificación da concesión da axuda e completalas nun prazo total de 24 meses dende a súa instalación.
- Plans de mellora (MR405A)
Os plans de mellora están orientados a apoiar cuestións como a compra de maquinaria, a ampliación de instalacións ou a compra de terras. A axuda será dun 30% dos custes elixibles, incrementables ata un máximo do 50%. O investimento executarase e xustificarase nun prazo de 18 meses dende a súa aprobación. O prazo para a obtención das licenzas de obra remata o 15 de setembro do 2018.
- Desenvolvemento de pequenas explotacións (MR405B)
Están destinadas aos titulares de pequenas explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia que teñan a capacitación profesional suficiente, residan na comarca na que radique a explotación ou nunha limítrofe e, sendo maiores de idade, non teñan acadado a idade de xubilación. Están supeditadas á execución dun plan empresarial cunha duración de 18 meses dende a aprobación da axuda
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 6 de abril de 2018.
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez