Ir arriba

Sábado, 30 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, Sábado, 30 de Novembro do 2024

Bando 4/2018: Benestar en balnearios 2018

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 4/2018: Benestar en balnearios 2018
FAGO SABER que a Xunta de Galicia, convoca prazas para as estadías e tratamento termal do programa BENESTAR EN BALNEARIOS 2018.

Requisitos:
a.    Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b.    Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c.    Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as  que acudan en calidade de acompañantes.
d.    Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e.    Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f.    Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Prazo para solicitar:

Establécense dous prazos de presentación de solicitudes:
- para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 16 de maio
- para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 31 de maio
Para máis información, envío de solicitudes, consultar destinos e prezos dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño. Con cita previa no 988.49.30.00


O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 19 de abril 2018.
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com