Novas de Castrelo
- Martes, Sábado, 30 de Novembro do 2024
O Concello de Castrelo de Miño iniciou a pasada semana as actuacións deste ano para a mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas no concello, en cumprimento da normativa sectorial que obriga a concebir como universal o deseño e os accesos a todos os espazos públicos, e coa colaboración da
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dun programa do Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional de Galicia 2014-2020.
As obras se realizarán para a mellora da accesibilidade do centro de saúde de Paradela, prevéndose que as mesmas se rematen antes de final do mes de maio, sen que causen trastorno algún para os veciños e usuarios do centro
O custe das obras ascende a un total de 2.505,08 euros Así, as melloras planificadas contemplan a mellora no acceso ao centro así como dotandoo dun aseo acondicionado para persoas con mobilidade reducida conforme aos parámetros regulamentariamente establecidos.