Venres, 01 de Novembro do 2024
FAGO SABER que no Boletín Oficial da Provincia N° 131 do sábado 9 de xuño de 2018 publicáronse as bases para a contratación dunha brigada de prevención e defensa de incendios forestais:
- Un xefe de brigada (Enxeñeiro de montes, Enxeñeiro técnico forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente).
- Catro peóns de brigada
Realizarase un contrato de obra/servizo para as labores de prevención e defensa de incendios forestais polo tempo determinado no Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Medio Rural (3 meses).
Todos os interesados en participar deberán inscribirse como máximo ata o xoves 14 de xuño de 2018. As bases e instancias estarán dispoñibles na web municipal www.castrelo.gal e no do propio taboleiro da Casa do Concello.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 11 de xuño de 2018
O Alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com