Novas de Castrelo
- Martes, Sábado, 30 de Novembro do 2024
A concelleira de ensino e deporte de Castrelo de Miño Maria Isabel Rodríguez Perdiz, e a concelleira de benestar de Ribadavia Noelia Rodriguez acompañaron no día de hoxe aos cativos/as de ámbolos dous concellos nesta xornada de convivencia celebrada no Parque Náutico. Os participantes poideron desfrutar e participar dunha viaxe en catamarán, chapotear na praia fluvial, practicar xogos para mellorar as súas habilidades na auga, potenciando así o deporte acuático, fomentando o traballo en equipo e, ademais de axudarlles a divertirse, coñecer a outras nenas e nenos, intercambiar experiencias e por suposto, para festexalo, facer unha boa merendola.