Novas de Castrelo
- Luns, Sábado, 30 de Novembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
FAGO SABER que o Concello de Castrelo de Miño mediante un convenio de colaboración coa entidade Xestora do Balneario de Cortegada; para aplicar, dun xeito máis específico, o programa denominado ?Termalismo Social? da Deputación de Ourense.
Requisitos: Ser maior de 50 anos, e se queren ir cun acompañante, este non terá o límite de idade.
Servizos:
1. Transporte ida e volta todos os días de tratamento.
2. Tratamento sen estancia, durante dúas semanas, de luns a venres, do 5 de novembro ó 16 de novembro, ambos incluídos.
3. Consulta médica á chegada.
Custo:
130 € incluído o transporte ida e volta todos os días, tratamento e a consulta médica.
HORARIO:
16:00 Recollida no aparcadoiro do Parque Náutico de Castrelo de Miño.
18:30 Saída do balneario, de volta ó lugar de recollida en Castrelo de Miño.
PRAZO E LUGAR DE INSCRIPCIÓN:
Ata o 2 de novembro ás 11:00 da mañá na Casa do Concello de Castrelo de Miño acompañados do DNI e número de teléfono.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 1 de outubro de 2018.
O Alcalde
Xurxo Rodríguez Méndez