Venres, 29 de Novembro do 2024
O concello de Castrelo de Miño consciente das necesidades dos seus veciños e veciñas, xa que como parte da comarca do Ribeiro e da provincia de Ourense, ambas as dúas con problemas demográficos importantes nas últimas décadas debido tanto ao progresivo envellecemento, como a un índice de natalidade moi baixo, pero sobre todo aos procesos migratorios producidos pola ausencia dunha rede de apoio e de recursos suficientes que axuden ás familias para compatibilizar vida e traballo no ámbito rural.
Por iso puxo en marcha a finais do pasado mes de xullo os traballos de investigación e diagnóstico, que lle axudarán a identificar necesidades, problemas, centros de interese e oportunidades de mellora, cara a elaboración dun plan específico de conciliación e corresponsabilidade.
A metodoloxía prevista inclúe consultas a cidadanía por medio de xuntanzas, entrevistas con expertos/as e con persoas especialmente implicadas, ademais da busca e análise de boas prácticas realizadas noutros territorios.
Estes traballos que contan co financiamento do Fondo Social Europeo, a través do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a Federación Española de Municipios e Provincias impulsará políticas transversais para unha mellor xestión do tempo das persoas e facilitará servizos de apoio á conciliación dirixidos á atención á infancia, ao coidado de persoas maiores, persoas con discapacidade e/ou situación de dependencia, xa que todo iso contribuirá a asentar poboación no territorio e reducir progresivamente o descenso de poboación.
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com