Ir arriba

Venres, 29 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Venres, Venres, 29 de Novembro do 2024

CASTRELO DE MIÑO UN EXEMPLO EN MEDIDAS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE

Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade

Galería de fotos

CASTRELO DE MIÑO UN EXEMPLO EN MEDIDAS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE
Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade
 
Lola Palacios, da Área de Dereitos Sociais e Cidadanía da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) chegou desde Madrid no día de hoxe, para visitar o concello de Castrelo de Miño.
 
Esta visita encádrase dentro da elaboración dun plan de conciliación e corresponsabilidade, proceso no que nestes intres está inmerso o Concello, e polo que recibiu unha subvención de 8.000 euros da FEMP e do Ministerio de Presidencia do Goberno de España.
 
A visita prolongouse durante toda a mañá do día 25 de outubro de 2018 e incluiu unha recepción na casa do concello por parte do alcalde Xurxo Rodriguez Méndez, que acompañado do seu equipo de goberno lle presentou o traballo realizado neste campo ata a data en Castrelo de Miño.
 
Posteriormente realizaron un percorrido polo concello que incluía a visita a distintos recursos municipais cos que conta Castrelo de Miño e que potencian a conciliación e a corresponsabilidade: Casa Niño para atención a menores de 0 a 3 anos, CEIP de Castrelo para atención de 3 a 12 anos e Vivenda comunitaria para maiores de 65 anos
 
Tamén se reunión cos traballadores da unidade de traballo social do concello e interesouse pola iniciativa de transporte municipal baixo demanda, que presta o concello aos seus veciños e veciñas dentro do seu término municipal. Valorouse na reunión a importancia deste servizo,  e o que supuxo especialmente para aquelas mulleres maiores que non dispoñían de medio de transporte ou carnet de conducir e que grazas ao "buscastrelo" gañaron liberdade e independencia tanto para facer xestións en horario de mañá (centro de saúde, farmacia, oficinas, tendas...) como de tarde (actividades culturais e deportivas).
 
A elaboracion deste novo plan constata a firme aposta do equipo de goberno municipal polas políticas de benestar. Compre lembrar que Castrelo de Miño é un concello que forma parte da rede de cidades amigas da infancia de UNICEF, da rede de cidades amigables coas persoas maiores da Organización Mundial da Saúde, e da rede de cidades saudables do Ministerio de Sanidade.
Esta nova iniciativa, a do plan municipal de conciliación e corresponsabilidade non fai máis que reafirmar este compromiso permanente co benestar en Castrelo de Miño.
 
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com