Ir arriba

Xoves, 28 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Luns, Xoves, 28 de Novembro do 2024

Unha delegación de seis alcaldes e unha alcaldesa de sete municipios de HONDURAS (NASMAR) visitarán Castrelo de Miño

Este martes 27 de novembro ás 18:00 horas serán recibidos no salón de actos da Casa do Concello onde se establecerá un espazo para o intercambio de experiencias na xestión pública da auga entre o Concello de Castrelo de Miño, identificado con boas prácticas nesta materia, e os representantes da mancomunidade NASMAR (Honduras)
Unha delegación de seis alcaldes e unha alcaldesa de sete municipios de HONDURAS (NASMAR) visitarán Castrelo de Miño
INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS SOBRE A XESTIÓN PÚBLICA DA AUGA NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

·         DATA: 27/11/2018

·         HORA: 18:00h

·         LUGAR: Concello de Castrelo de Miño

·         DESCRICIÓN:

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a través da convocatoria de proxectos para ONGD do ano 2017, veu de aprobar un proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública da auga en sete municipios hondureños, xunto coa ONGD Enxeñería sen Fronteiras.

No marco do proxecto, unha delegación composta de seis alcaldes e unha alcaldesa dos sete municipios que compoñen a Mancomunidade de Municipios do Sur de Honduras (NASMAR) estarán en Galicia coa idea de compartir experiencias na xestión pública da auga con municipios galegos, desde a visión do Dereito Humano á Auga.

O contexto dos municipios da NASMAR, situados nunha área do trópico seco, moi vulnerables ás secas e aos efectos do cambio climático, fan que a xestión da auga sexa un dos seus principais desafíos. En Galicia a xestión da auga empezou a poñerse en primeiro plano o ano pasado, coas alertas de seca, pero xa viña sendo obxecto de preocupación por falta de transparencia na tramitación de concesións, cortes de auga a persoas que non poden pagar o servizo, problemas graves de saneamento, etc.

A xestión municipal da auga é unha cuestión que afecta tanto aos países do Norte coma aos do Sur, e moitas das problemáticas e solucións que se presentan son comúns a todos os territorios.
Porén, a actividade que se presenta pretende establecer un espazo para o intercambio de experiencias na xestión pública da auga entre o Concello de Castrelo de Miño, identificado con boas prácticas nesta materia, e as e os representantes da mancomunidade NASMAR (Honduras)
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com