Novas de Castrelo
- Martes, Xoves, 28 de Novembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA.6/2019
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que debido ó aumento de consumo de auga polo incremento de poboación durante o período estival, pregase a colaboración de todos os veciños NO CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA.
Polo tanto solicítase a colaboración de todos os veciños no consumo responsable da auga, recordándolle a todos que:
- A auga do abastecemento non se pode usar para regar nin para outros fins que non sexa o consumo humano.
- Débense adoptar medidas de aforro de subministro en usos e destinos non prioritarios.
- Para evitar ter que aplicar medidas como a reducción da presión na rede, ou realizar restriccións temporais de auga, prégase un consumo responsable da auga que beneficiará a todos os veciños e veciñas.
Nos casos en que se aprecie que se fai un uso indebido ou desproporcionado do consumo e utilización da auga, procederase á adopción das medidas correctoras pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Castrelo de Miño, 10 de xuño de 2019
Xurxo Rodríguez Méndez