Novas de Castrelo
- Xoves, Martes, 26 de Novembro do 2024
O luns 9 de marzo de 2020 establecéronse as bases reguladores para facilitar a obtención dos permisos de conducción B e C para a mocidade galega.
Gasto subvencionable e contía da axuda:
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de conducción de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.
Requisitos:
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a.- Ter cumpridos os 18 anos.
b.- Estar empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c.-Estar inscritas no SNGX (Sistema Nacional de Garantía Xuvenil) e figurar como beneficiarios no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
d.- Estar matriculados nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitue.