Novas de Castrelo
- Xoves, Martes, 26 de Novembro do 2024
Castrelo de Miño instala o filtro contra o arsénico na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Nogueiredo.
Dende que se dispararon os valores de arsénico na rede de abastecemento de auga potable no pasado mes de outubro de 2019, o goberno municipal do Concello de Castrelo de Miño, prohibiu o consumo humano de auga nas aldeas abastecidas pola etapa coto novelle. Ao mesmo tempo, trasladou á Deputación Provincial a necesidade da instalación urxente dun filtro de arsénico en dita ETAP, para reducir os valores do mesmo, e devolver o servizo aos parámetros que marca sanidade.
O alcalde, Esteban Suárez Méndez, adquiriu o compromiso de colaboración en novembro do pasado ano, e dende entonces, puxo a disposición auga embotellada para toda a veciñanza afectada por esta situación, incluso levándoa a domicilio cando entramos na crise sanitaria provocada polo COVID-19.
Os pasos burocráticos tedios, que sempre atrasan as solucións, foron:
- Redacción dun proxecto, memoria de viabilidade.
- Obtención de partida orzamentaria para o 2020.
- Encargo e fabricación, baixo pedido, do filtro.
- Transporte ata Castrelo de Miño.
- Firma do decreto por parte da Deputación no que se cede o uso ao Concello en canto dure a problemática dos parámetros elevados de arsénico, con mantemento a cargo do ente municipal e instalación por conta do ente
provincial a través da empresa concesionaria Aquaourense.
Actualmente estase preparando toda a ETAP para a instalación do filtro, e agárdase que quede instalado na semana do
18 - 22, co cal, o alcalde prevé que os veciños afectados poidan volver a consumir auga da traída en condicións saudábeis a finais do presente mes.
Dende o goberno municipal do concello de Castrelo de Miño agradecen a colaboración do ente provincial, pero son conscientes de que esta medida é "un parche" e que pode haber problemas a curto prazo noutras redes de abastecemento municipal, dado que a problemática do arsénico está presente en todos os mananciais do concello.
Polo que seguirán traballando no proxecto, xa desenvolto, da creación/ampliación dun macro-bombeo dende o río Miño que poida surtir a todas as redes de abastecemento que hai na actualidade en todo o municipio.