Novas de Castrelo
- Martes, Martes, 26 de Novembro do 2024
As medidas realizadas polo Concello de Castrelo de Miño dos niveis de arsénico na auga da traída indican por primeira vez nos últimos 8 meses, que é apta para o consumo.
Os veciños afectados da parroquia de Santa María xa poden beber e cociñar con esta auga.
O problema detectado por Sanidade en outubro do ano pasado, solucionouse grazas á instalación dun filtro de arsénico na estación depuradora ( ETAP) de Nogueiredo.
Os actuais parametros de arsénico en auga atópanse por baixo de 10 microgramos por litro segundo informa o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez Méndez.