Novas de Castrelo
- Venres, Domingo, 24 de Novembro do 2024
A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas de 2021 a Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), quen, ademais de ser unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, tivo tamén unha frutuosa carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos.
Desde o Concello de Castrelo de Miño queremos celebrar a obra e a figura de Xela Arias, mediante un espectáculo de danza, poesía e circo titulado "Xela Arias fala coa natureza" que terá lugar o vindeiro sábado 22 de maio, á 20:00 horas no Parque náutico de Castrelo de Miño.