https://www.youtube.com/watch?v=LnATUW3dVqY
Así de fermoso vivimos o Espírito Ribeiro.
A proposta foi concibida para funcionar como panca da economía da comarca, nun momento clave en que se fai necesario repensar o turismo, promocionar o local e o valor engadido. Máis que nunca, ten sentido crear un evento que funcione como agregador de diferentes actores económicos identificados co mellor vehículo de transmisión de todo o que é o Ribeiro: os matices e poder evocador dun viño profundamente arraigado na historia da comarca; proxectando unha imaxe que é ao mesmo tempo tradición e modernidade.