Ir arriba

Sábado, 23 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Venres, Sábado, 23 de Novembro do 2024

Escola de empoderamento Castrelo - Arnoia

Galería de fotos

Escola de empoderamento Castrelo - Arnoia
Un ano mais os  Concellos de Castrelo de Miño e Arnoia en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, puxeron en marcha “ESCOLA DE EMPODERAMENTO CASTRELO-ARNOIA” en aras á promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero; actividades subvencionas pola Unión Europea no marco das axudas para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027.
Un dos obxectivos desta “ESCOLA DE EMPODERAMENTO CASTRELO-ARNOIA”, que está destinada as mulleres de ambos Concellos, era a de promover o acceso das mulleres aos dereitos sociais e económicos, especialmente, para aquelas que, pola súa situación socio-económica ou por cargas familiares teñen maiores dificultades.
 Coas iniciativas que se levaron a cabo nos Concellos de Castrelo de Miño e Arnoia, buscouse mellorar a calidade de vida das mulleres con dificultades e a súa integración, a través dunha mellor cualificación para o emprego, principalmente mediante actividades encamiñadas a:
  • - Fomentar a autoestima e confianza necesaria para que as mulleres se convertan en verdadeiras protagonistas da súa vida, creando climas de entendemento e empatía que as permita abrirse de cara a avanzar cara a unha mellora persoal que poida axudalas a sentirse seguras para emprender novos camiños de autonomía persoal.
Para lograr estes obxectivos impartíronse accións formativas durante os meses de xullo e agosto na quenda da tarde de luns a venres en ambos concellos.
Os obxectivos que se obtiveron foron, entre outros:
  • - Fomentar unha vida activa atreves do exercicio.
  • - Potenciar a imaxinación e traballar a memoria.
  • - Ensinar formas de comunicación non violenta e fomentar a autoestima e auto empatía das participantes.
En definitiva este proxecto buscaba espertar, potenciar, reforzar e consolidar a autoestima das mulleres e a súa situación persoal e emocional.
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com